Nintendo pechou unha curiosa alianza con Mercedes-Benz que está a sorprender bastante, que semella unha simbiose entre ambas marcas xa que, por unha banda, Mercedes estreou no Xapón un anuncio televisivo no que o célebre Mario conduce un dos seus vehículos (e que pecha cunha divertida versión do coñecido fontaneiro en carne e oso), mentres que, por outra, o xogo Mario Kart 8 recibirá de balde un coche Mercedes como contido descargable (que tamén estará dispoñible en Europa).
Esta campaña incluso vén acompañada por unha páxina web na que poden verse os detalles do novo coche de Mercedes dentro dunha interface que simula o primeiro Super Mario Bros., mentres podemos escoitar a súa banda sonora orixinal de fondo.
Estamos ante un paso bastante curioso por parte de Nintendo, compañía que parece querer tirar un maior proveito das súas marcas, o que podería conseguir con este tipo de licenciamento publicitario.
Novo anuncio televisivo de Mercedes para o Xapón
