Entre os vindeiros días 25 e 26 de xuño celebrase unha nova edición de Google I/O, evento para desenvolvedores da compañía de Mountain View no que daranse a coñecer numerosas novidades sobre os servizos na nube, Android, as aplicacións web, as ferramentas de desenvolvemento, a accesibilidade e moitas outras materias de grande interese par os creadores de produtos e servizos ao redor da tecnoloxía de Google e que, unha vez máis poderá seguirse a través da Internet, o que aproveitan dende o GDG Vigo para organizar un Google I/O Extended o vindeiro 25 de xuño de 16:00 a 21:30 horas no Club Financeiro de Vigo.
Este encontro facilitará ao seguimento das principal presentación de Google a partir das 18:00 horas, no que sería a parte global do evento, que tamén contará con actividade local, concretamente un obradoiro de Android Wear conducido por Saúl Molinero Malvido, quen explicará unha proba de concepto de Android Wear paso a paso, para que os asistentes poidan realizala in situ dende os seus ordenadores portátiles (para o que deberían acudir co Android Studio e o SDK de Android Wear instalados.
Os asistentes que queiran aproveitar para facer networking con outros desenvolvedores con tecnoloxías de Google poderán continuar o evento nunha cea que está programada para as 21:30 horas.
O evento Google I/O poderá seguirse dende Vigo grazas ao GDG local
Compartir Este Artigo

