
Spider-Man Unlimited chegará a iOS, Android e Windows Phone no mes de setembro, e conta unha historia na que os Seis Sinistros abren unha fenda dimensional, o que permitirá que versións de Spider-Man de distintas épocas e dimensións se xunten para derrotar a ameaza, polo que podermos ver ata 23 versións de Spider-Man con diferentes traxes, instando ao xogador ao descubrilos todos.
Entre os inimigos a derrotar veremos ao Green Goblin (Trasno Verde), o Voitre ou Electro, que tamén estarán presentes en variacións dimensionais, polo que pode entenderse que os seareiros das aventuras de Spider-Man son os que máis gozarán deste xogo ao poder recoñecer as numerosas versións dos personaxes que aparecerán nesta aventura con estética de cómic.
Trailer de presentación de Spider-Man Unlimited
