Hoxe chegou una data tan agardada como temida para moitos xogadores de PC, xa que botaron a andar as rebaixas de Steam, un período de 10 días co que a plataforma de videoxogos en liña de Valve recibe o verán con rebaixas moi importantes de distinto tipo, que manterán aos usuarios pendentes ata o día 30 xa que as ofertas distribúense temporalmente en franxas diarias e de 8 horas, chegando ata o 90%, o que habitualmente tradúcese en compras impulsivas para engordar a biblioteca de xogos que podemos gozar en Windows, OS X e Linux segundo corresponda.
As rebaixas de verán en Steam principian con ofertas moi diversas, que van dende un modesto desconto dun 15% para Day Z e chegan ata o 80% de The Witcher 2 (título que pode adquirirse por 3,99 euros, aínda que posiblemente a moitos resúltelles aínda máis rechamante poder mercar a súa anterior entrega por só 1,59 euros), pasando polo 75% de desconto de xogos como Dead Island Riptide, Devil May Cry, Don’t Starve, Far Cry 3, Mirror’s Edge e incluso o memorable XCOM: Enemy Unknown, que aparte de poder mercarse por só 4,99 euros tamén conta cun interesante atractivo adicional: vén de estrear versión para Linux e SteamOS.
Steam comeza as súas rebaixas de verán
Compartir Este Artigo
