Para os amantes do ciclismo chega estes días ás tendas o xogo Tour de France 2014, xogo que aparte de ter versións para PlayStation 3 e Xbox 360, estréase na nova xeración de consolas cunha versión para PlayStation 4, mentres que en ordenadores persoais leva por título Pro Cycling Manager 2014. Este xogo que xa pode mercarse en formato físico e descargable reflicte dun xeito envolvente cada etapa do Tour, facendo que os xogadoras vivan con intensidade a experiencia ata chegar aos Campos Elíseos.
Con Tour de France 2014 a xente de Cyanide Studio permítenos vestir o maillot amarelo dos grandes campións e formar parte do Tour deste ano, podendo iniciar as carreiras nas rúas de Londres, así como superar as complicadas etapas de montaña, ata completar a carreira con éxito e incluso poder continuar a competición durante varias tempadas facendo subir de nivel o equipo e recrutando novos campións.
A versión para PC, máis ampla, permite dirixir un dos 75 equipos profesionais da tempada ciclista e tomar parte en máis de 200 competicións e 550 etapas, incorporando moitas melloras xogables e técnicas fronte a anteriores entregas.
Trailer de lanzamento do xogo Tour de France 2014
