O 26 de setembro chegará aos cines españois unha nova película das Tartarugas Mutantes, que nos EE.UU. estrearase o 8 de agosto, oportunidade que non queren deixar pasar para crear novos videoxogos, como o que está a preparar Activision para a Nintendo 3DS, que finalmente veremos nas tendas a finais do verán e que está recomendado para rapaces de a partires dos 12 anos.
O xogo permitiranos controlar ás célebres tartarugas que se enfrontan aos mutantes e robots do científico tolo Baxter Stockman que se aliou co exército do Clan do Pé para aterrorizar á cidade de Nova York. Os combates deste título hack and slash desenvolveranse a un ritmo frenetico por metros, cloacas, tellados e rúas. Cada unha das tartarugas terá habilidades de seu, poderán subir de nivel e incluso equiparse con poderosas armas que fabricarán na súa guarida a partir das materias primas que vaian recollendo durante a súa aventura.
O filme das Tartarugas Mutantes terá xogo para Nintendo 3DS
Compartir Este Artigo
