A saga de xogos de Monster Hunter xa non está ao alcance só de xogadores de consola, senón que agora conta xa cun título para iOS, Monster Hunter: Freedom Unite, que pode mercarse como aplicación universal por 13,99 euros, ofrecendo unha grande cantidade de misións nas que enfrontarse a grandes monstros, para o que haberá que progresar en armamento e tácticas. O xogo conta cuns controis deseñados para que se poidan realizar as accións dun xeito sinxelo, cóntanse con funcións para axudar durante a caza de monstros (como a cámara obxectivo que mantén aos monstros no campo de visión, ou as iconas emerxentes que sinalan cando é posible interactuar coa contorna), goza de gráficos mellorados e permite que se xunten ata 4 xogadores en partidas Wi-Fi cooperativas.
O xogo necesita para funcionar como mínimo un iPhone 4S, un iPod Touch de 5ª xeración ou un iPad de terceira xeración (ou un iPad mini).
Trailer do xogo para iOS
