Resulta impresionante ver como certos proxectos de micromecenado conseguen completar o seu financiamento nos seus primeiros días, pero vese que certos conceptos son tan atractivos que non precisan de grandes esforzos para que o público se anime a adquirilos de xeito anticipado, como os novos altofalantes de NudeAudio, compañía que xa contaba no seu catálogo con auriculares Bluetooth de distintos tamaños (S, M e L) e que decidiu propor o formato Super-M que busca ser moi transportable, tanto pola súa resistencia (aguanta tanto auga como area, polo que podería levarse sen problema á praia) como polas súas dimensións (podería levarse no peto traseiro duns pantalóns vaqueiros).
Pretendían xuntar 75.000 dólares para facer viable a comercialización dos altofalantes NudeAudio Super-M, pero a 24 días para o remate da súa campaña en Kickstarter xa teñen 293.603 dólares, polo que o éxito está garantido, de xeito que entre e setembro e outubro distribuiranse estes produtos que están a venderse por 99 dólares (73,21 euros).
Estes altofalantes portátiles contan con conectividade Bluetooth 4.0, integran unha batería cunha autonomía de ata 8 horas e poden empregarse tamén como mans libres para o móbil e dende a compañía que os desenvolveu aseguran que en probas realizadas conseguiron reproducir son cunha calidade superior que outros produtos da competencia co triplo de prezo.
NudeAudio adapta os seus altofalantes portátiles para soportar auga e area
Compartir Este Artigo

