Tras unha parada da beta do xogo Destiny, que o 17 de xullo estreouse para PlayStation 3 e PlayStation 4, volve esta fase de proba da nova produción de Bungie, aproveitando a reactivación para abrirse tamén aos usuarios de Xbox One ata o vindeiro domingo. Deste xeito os usuarios da consola de nova xeración de Microsoft xa poden botar un ollo a esta experiencia que bebe das fontes da anterior creación de Bungie, a saga Halo, polo que adopta unha ambientación de ciencia ficción en primeira persoal, pero muda de contexto ao converterse nun xogo masivo multixogador con toques de rol, dando lugar a unha fusión que pretende converterse en todo un referente.

A nivel gráfico tamén temos un xogo con grande nivel de detalle, texturas de alta resolución e modelados moi coidados, que impresionarán ao usuario dende o primeiro momento, dando a impresión de que estamos ante un dos xogos que marca o camiño que seguirán moitos outros títulos para a nova xeración.
A beta de Destiny chega a Xbox One
Compartir Este Artigo
