O vindeiro mércores abre as portas a Gamescom de Colonia, a máis importante feira de videoxogos de Europa, e este ano parece que vai chegar cunha agradable sorpresa, xa que Activision estaría a recuperar o vello selo Sierra Games, que servira de bandeira para aventuras clásicas como King’s Quest, Space Quest e Leisure Suit Larry, á vez que tamén editara os xogos de Crash Bandicoot e Spyro the Dragon, polo que o seu retorno podería ter certo toque nostálxico.
Polo momento temos unha páxina web na que se inclúe un vídeo avanzando o anuncio da volta de Sierra durante a Gamescom, polo que teremos que agardar a tal evento para coñecer as intencións da recuperación desta marca, que nos seus últimos tempos afastárase moito das súas orixes (con xogos en liña, o FPS TimeShift ou o xogo táctico en tempo real World in Conflict) ata que a súa marca se diluíu completamente cando Activision mercou a súa casa matriz, Vivendi Games.
Vídeo no que anticípase o retorno de Sierra
O selo de videoxogos Sierra resucitará durante a Gamescom
Compartir Este Artigo
