
Estamos ante unha solución que busca evitar ter que cargar cunha chave máis e evitar os problemas de ter que compartilas, de xeito que para abrir o cadeado emprega unha aplicación móbil (para Android e iOS) que se comunica co pecho a través de Bluetooth, facendo doado e seguro compartir as posesións que aseguremos con este elegante accesorio de boro e aceiro reforzado. O Noke é resistente á auga, carece de botóns externos, a súa batería pode durar ata un ano enteiro para un uso normal e, como curiosidade, conta cun sistema de acceso rápido co que podemos abrir o cadeado mediante un código de toques curtos e longos no seu arco, como método de emerxencia para cando non teñamos o smartphone a man ou quedemos sen batería.
Este cadeado está a ofrecerse a través de Kickstarter por 59 dólares (55,45 euros con gastos de envío incluídos) coa posibilidade de reducir o seu prezo de adquirir varios dispositivos á vez, agardándose que cheguen a mans dos seus mecenas a partires de febreiro de 2015.
Noke, o cadeado que usa o smartphone como chave
Compartir Este Artigo

