Durante as vindeiras dúas semanas o lote de xogos ofertados dentro da iniciativa Humble Bundle a través da que búscase achegar fondos para entidades benéficas (a Cruz Vermella americana e Child’s Play Charity) destaca por incluír títulos de grande tamaño, de aí que chamen a este paquete Humble Jumbo Bundle 2, entre os que hai xogos realmente interesantes nas súas edicións máis completas.
Por unha banda a aventura gótica The Incredible Adventures of Van Helsing inclúe tres das súas expansións (Blue Blood, Arcane Mechanic e Thaumaturge); a edición definitiva do xogo de estratexia Galactic Civilizations II inclúe as expansións Dark Avatar e Twilight of the Armor; e o xogo de supervivencia español Deadlight, tamén está incluído nesta promoción para os que realicen unha achega económica básica.

Os usuarios máis xenerosos, que superen os 15 dólares, poderán facerse cun título de auténtico luxo, Age of Empires Legacy Bundle, que contén Age of Empires II HD e Age of Empires III: Complete Edition Collection, xunto co contido descargable The Forgotten, que engade 5 civilizacións adicionais, 7 campañas extra e outros contidos para enriquecer a Age of Empires II HD.
Vídeo promocional do Humble Jumbo Bundle 2
O Humble Bundle recolle unha selección de xogos cargados de contidos adicionais
Compartir Este Artigo
