As limitacións de autonomía dos nosos dispositivos móbiles levou á popularización de baterías externas, normalmente bastante voluminosas e incómodas de levar enriba, de aí que xurda unha alternativa que quere converter tal accesorio nun elemento de moda, o Qbracelet, que consiste nunha batería de 1.160 mAh con forma de pulseira que pode abrirse para acceder a un conector microUSB ou LIghtning para cargar o noso smartphone en emerxencias.
Este orixinal elemento de moda chegará en decembro en 5 cores distintas, 3 tamaños (con pesos que oscilan entre os 40 e os 50 gramos) e cun grosor de 8 milímetros que terá un prezo de mercado de 99 dólares, aínda que os que o reserven poderán facerse cun destes accesorios por 79,99 dólares (71,55 euros con gastos de envío incluídos).
Vídeo promocional do Qbracelet

