As cámaras deportivas que permiten rexistrar experiencias en primeira persoa xa non son exclusiva dos seres humanos, pois dende GoPro tamén pensan nas nosas mascotas, e veñen de incorporar ao seu catálogo un arnés para cans que permite que poidamos realizar gravacións a vista de can. Este accesorios compatible con todas as cámaras de GoPro véndese por 69 euros.
O arnés podo colocarse de distintos xeitos (baixo o peito ou sobre as costas), para poder gravar distintas accións do noso can, dende os seus xogos máis movidos ata roendo osos, non tendo que preocuparse porque o accesorio saia mal parado por mor da auga ou a lama, xa que é totalmente lavable.
Este trebello pode axustarse para cans de entre 7 e 54 quilogramos, con numerosos puntos de axuste para que resulte cómodo para a nosa mascota e a base pectoral pode extraerse para que non resulte molesta para os cadelos máis cativos.
Vídeo de presentación do arnés canino de GoPro

