A serie de animación Avatar: The Last Airbender conseguiu un grande éxito durante as súas tres tempadas, servindo tamén de inspiración para unha triloxía de videoxogos publicada entre 2006 e 2008 á que seguiría un xogo de rol masivo en liña que pechou hai un par de anos, e agora que a serie conta cunha secuela, The Legend of Korra, parecía inevitable un novo salto ao lecer electrónico, que vai ir da man de Platinum Games (responsables de títulos como Bayonetta e Vanquish), o que é toda unha garantía de diversión e calidade.
Finalmente sabemos que este prometedor xogo verá a luz para Xbox One, Xbox 360, PlayStation 4 e PlayStation 3 o vindeiro 22 de outubro, mentres que a súa versión de PC posiblemente chegue un día antes a Steam. Estes detalles chegaron a través dunha entrevista de IGN a Robert Conkey de Activision, quen non só desvelou as datas de lanzamento do xogo, senón que tamén adiantou un novo modo de xogo.
Entrevista de IGN a Robert Conkey
O videoxogo de The Legend of Korra sairá en outubro
Compartir Este Artigo
