
O Lumia 530 conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 200 de catro núcleos a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento ampliable mediante tarxetas microSD de ata 128 Gb, cámara traseira de 5 Mpíxeles, pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, batería de 1.430 mAh, un grosor de 11,7 milímetros e un peso de 129 gramos, que está dispoñible con carcasas en catro cores distintas (laranxa, verde, branca e gris escuro).
Temos así un produto moi atractivo grazas ás súas cores rechamantes (especialmente o verde brillante e o laranxa vibrante), que goza dun procesador de catro núcleos para poder tirar proveito das posibilidades da última versión de Windows Phone, tamén goza das principais ferramentas de mensaxería instantánea (WhatsApp, LINE, Telegram, Viber e Skype), inclúe 15 Gb de almacenamento de balde en OneDrive e facilita o acceso a servizos como MixRadio e HERE Maps.
Vídeo promocional do Lumia 530

