O novo videoxogo do Home Araña desenvolvido por Gameloft, Spider-Man Unlimited, ve por fin a luz con versións para iOS, Android e Windows Phone, permitindo que o descarguemos de balde das súas respectivas tendas de aplicacións, para gozar así dunha aventura na que poderemos controlar a numerosas versións de distintas dimensións do trepamuros de Marvel na súa loita contra os Seis Sinistros e as súas numerosas contrapartidas dimensionais.
Aínda que Spider-Man se mova balanceándose mediante a súa tea de araña, estamos realmente ante o primeiro runner do personaxes creado por Stan Lee e Steve Ditko, no que o heroe desprázase por Manhattan en máis de 5 escenarios diferentes de Marvel. O modo historia ofrece 5 batallas de xefes e 25 misións por serie, con eventos diarios e semanais que buscan manternos enganchados durante moito tempo, aínda que tamén podemos xogar a conseguir a mellor puntuación posible no modo infinito.
Estamos ante un runner con historia, de xeito que o xogo vai recibindo series paulatinamente, estando xa dispoñibles as dúas primeiras nas que nos enfrontaremos respectivamente co Trasno Verde (Green Goblin) e co Voitre (Vulture); non faltando na historia personaxes coñecidos como Mary Jane, Nick Furia ou a Gata Negra.
Trailer de lanzamento de Spider-Man Unlimited
Spider-Man estrea un xogo móbil de balde
Compartir Este Artigo
