Para animar a comprar as súas consolas portátiles ou simplemente a rexistralas en liña Nintendo lanza unha nova promoción de inverno que permitirá facerse de balde cun xogo en formato descargable dentro dunha boa selección. A oferta consiste en que os usuarios que rexistren no Club Nintendo unha consola Nintendo 2DS, 3DS ou 3DS XL entre o 11 de setembro e o 12 de xaneiro, que rexistre tamén un dos xogos estrela da tempada (Super Smash Bros. para 3DS, Pokémon Rubí Omega e Pokémon Zafiro Alfa) adquirido en formato físico poderá solicitar antes do 12 de febreiro un código para descargar de balde da Nintendo eShop un dos seguintes xogos: Monster Hunter 3 Ultimate, The Legend of Zelda: A Link Between Worlds, Yoshi”s New Island, Kirby: Triple Deluxe, Mario Golf: World Tour, Mario Party: Island Tour e Pokémon Art Academy.
O código de descarga caducará o 12 de marzo, polo que deberá canxearse ante de tal data. Cómpre destacar que tampouco será posible a descarga dun xogo que non estea recomendado para a idade do usuario rexistrado no Club Nintendo.
Nintendo regalará un xogo aos que rexistren a súa consola portátil (e un xogo)
Compartir Este Artigo
