Os competidores de GoPro non cesan de achegar ao mercado novas cámaras deportivas cada vez máis completas e cunha mellor relación calidade-prezo para animar aos consumidores a atreverse a adquirir trebellos alternativos, e dentro desta guerra chega agora a Ricoh WG-M1, unha cámara que sen precisar dunha carcasa adicional pode resistir auga, frío e impactos, contando incluso con Wi-Fi e pantalla LCD de 1,5 polgadas.
Temos así unha cámara de 14 Mpíxeles que pode disparar ata 10 fotografías por segundo e gravar vídeo a 1.080p (a 30 cadros por segundo) que grazas á súa lente de ángulo ultra amplo consegue unha sensación de profundidade realista. Non lle faltan accesorios para facilitar a montaxe da cámara nun casco, no pulso, nunha superficie metálica… Sairá á venda en outubro a un prezo recomendado de 299,95 dólares (231,67 euros).
Vídeo promocional da nova cámara deportiva de Ricoh
Ricoh presenta unha cámara deportiva de grande resistencia
Compartir Este Artigo

