Os smartphones de grande tamaño non cesan de chegar ao mercado, especialmente dende fabricantes asiáticos, e aínda que o normal é que esteamos ante terminais de alta gama, compañías como ZTE buscan achegar este tipo de terminais a un público máis amplo, e veñen de presentar nos EE.UU. o ZTE ZMAX, terminal que comezará a comercializar T-Mobile o vindeiro día 24 por un prezo que vai dende 0 dólares con contrato (cun compromiso de permanencia de 24 meses) ou 252 dólares libre (194,63 euros) o que parece bastante axustado para un tabletófono coas súas características.
O ZTE ZMAX ten unha pantalla de 5,7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcom Snapdragon 400 de catro núcleos a 1,2 Ghz e gráfica Adreno 305, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), cámaras de 8 e 1,6 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, LTE, batería de 3.400 mAh e sistema operativo Android 4.4.
Vídeo de presentación do novo tabletófono de ZTE
ZTE presenta un novo smartphone con pantalla de 5,7 polgadas
Compartir Este Artigo

