Durante esta fin de semana os usuarios de consolas Xbox 360 que non teñan contratado o servizo Xbox LIVE Gold poderán gozar do mesmo de balde, de xeito que terán desbloqueado o acceso ao uso do multi-xogador en liña, para que poidan probar a experiencia mellorada que ofrecen títulos como Destiny, FIFA 15, Minecraft, Forza Horizon 2 ou Call of Duty: Ghost, cando os conectas á Rede para poder xuntarte cos amigos para poder botar unhas partidas.
Para animar aínda máis a promoción de Gold desbloqueado durante a fin de semana dende Microsoft animan a probar de balde os xogos Warface, World of Tanks, Happy Wars e AirMech Arena. Estes xogos son de balde para os usuarios Gold, pois realmente son títulos free-to-play, só que, ao empregar xogo en liña quedan fóra do alcance dos usuarios de Xbox 360 que se conforman cunha subscrición Silver a Xbox LIVE.
Os usuarios de Xbox 360 poderán xogar en liña de balde durante esta fin de semana
Compartir Este Artigo
