Hoxe bota a andar en IFEMA para o público profesional a segunda edición da Madrid Games Week, un evento que busca converterse nunha grande feira de videoxogos e que dende mañá ata o domingo estará aberta ao público xeral, e non faltará a editora galega Iberian Games, que aproveitou o encontro para estrear esta mesma semana 2 dos seus videoxogos, inicialmente dispoñibles para dispositivos con Android, podendo descargarse completamente de balde.
Luchadores del Espacio
O primeiro destes novos xogos é Luchadores del Espacio, un shoot’em up de desprazamento lateral no máis puro estilo de clásicos como Némesis ou R-Type, que simplifica o seu control pensando en dispositivos móbiles, de xeito que non teremos que preocuparnos de disparar ou desprazarnos lateralmente, limitándose o xogador a pulsar sobre a pantalla para impulsar a nave verticalmente, evitando a súa caída, e podendo así esquivar obstáculos e disparos e naves inimigas, á vez que tamén permite que apuntemos a outras naves e meteoritos que podemos destruír grazas ao sistema de disparo automático que irá potenciándose segundo avancemos no xogo. Un dos detalles máis salientables deste título é que podemos seleccionar o galego entre as linguas para as que están traducidos os seus textos.
Vídeo co xogo Luchadores del Espacio en acción
Colormanía 2015
Máis ocasional é Colormanía
2015, un xogo de quebracabezas para nenos que consiste en arrastrar
doces de cores co seu bote de pintura correspondente. O mellor deste divertido
título é que é totalmente de balde, xa que se financia unicamente con
publicidade.
Demostración da mecánica de Colormania 2015
