Injustice: Gods Among Us para PS4 estará incluíndo en PS Plua no mes de decembroNos últimos meses parece que o servizo PlayStation Plus está a decepcionar á meirande parte de usuarios, en boa medida porque parecía que ían arranxalo cunha edición especial de DRIVECLUB que tería que terse lanzado o pasado 8 de outubro, pero que adiouse e aínda hoxe carece dunha data de lanzamento prevista. Non conformes con esa mancha no expediente do servizo, agora chegan cunha oferta de xogos para o mes de novembro que deixarían fríos a case todos os xogadores, pois carece de títulos importantes. Así, os usuarios de PS Plus con PlayStation 4 recibirán The Binding of Isaac: Rebirth (un xogo independente que posiblemente sexa o mellor do mes) e Steamworld Dig; para PlayStation 3 os xogos distribuídos serán Frozen Synapse Prime e Luftrausers; e a PS Vita terá que conformarse con The Hungry Horde e Escape Plan. Demasiados xogos independentes e irrelevantes para un servizo que no pasado contaba con moitos grandes xogos, aínda que a bastantes meses do seu lanzamento (para non danar as súas vendas). En xaneiro inFAMOUS First Light para PS4 formará parte de PS PlusParece que esa patética oferta de xogos dos últimos dous meses, xunto á decepción de DRIVECLUB, levou a Sony a ter que reforzar a oferta futura de PlayStation Plus, e adiantala para evitar perder o favor do público. Deste xeito adiantan que en decembro entre os xogos instantáneos estará Injustice: Gods Among Us Ultimate Edition, que sería o primeiro xogo AAA de PS4 en chegar a PS Plus. En xaneiro a cousa tamén podería ir igual de ben, xa que os usuarios de PS4 recibirían inFAMOUS First Light. Para completar aos dous xogos de primeira filia tamén chegarán títulos máis discretos como Secret Ponchos e The Swapper.