Tras asombrar ao mundo coa experiencia de To The Moon, Freebird Games volve á carga cun novo xogo independente que pretende chegar ao corazón do usuario, A Bird Story, que durante unha hora e sen utilizar palabras, contará como un neno atopa un paxaro ferido, mesturando realidade e imaxinación a través de gráficos pixelados para conseguir unha estética propia dos clásicos xogos RPG xaponeses, ambientado a narración cunha música feita expresamente para a obra.
Esta tenra historia sae hoxe á venda en Steam a un prezo promocional de 3,64 euros (ata o vindeiro día 14), cantidade que permitiranos experimentar esta historia interactiva de Kan Gao que dá máis importancia á narración que á mecánica de xogo, pese a que teña o aspecto dun RPG para Super Nintendo. O feito de que o xogo careza de voces ou diálogos en texto fai que a narrativa desta historia poida destacar aínda máis, xa que emprega unha linguaxe propia dos videoxogos para facernos entender o que está a pasar na pantalla do noso ordenador, sendo este factor o que máis diferencia a esta obra do destacable To The Moon.
Trailer de A Bird Story
O xogo A Bird Story conta unha historia sen o uso de voz ou texto
Compartir Este Artigo
