
O Lumia 535 chegará en versións para 1 ou 2 tarxetas SIM (dependendo do mercado), coa última versión de Windows Phone 8.1, e cunhas prestacións técnicas que elevan o listón da gama baixa desta familia de smartphones, xa que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 200 de 4 núcleos a 1,2 GHz, ten 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante microSD de ata 128 Gb, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, batería de 1.905 mAh, un grosor de 8,8 milímetros e un peso de 146 gramos. Venderase con carcasas de diferentes cores (laranxa, negro, gris, verde, branco e azul ceo) a un prezo antes de impostos de 110 euros.
Podemos destacar que ao estar ante un terminal de entrada, aínda que a súa pantalla IPS teña un tamaño xeneroso, non é así coa súa resolución, que queda en 960 x 540 píxeles. Dende Microsoft tamén destacan que para engadir unha maior protección a este terminal, estará dispoñible unha tapa para o mesmo que protexerá a súa pantalla e engadirá certo toque de estilo. Este accesorio está na liña das Flip Cover de Motorola, ou sexa, que substitúe á carcasa traseira do terminal, pero como valor adicional inclúe un pequeno peto para pode gardar unha tarxeta de crédito.
Video de presentación do Lumia 535

