Aínda que a consola portátil Nintendo 3DS parecía estar a conseguir con bastante éxito estar allea á piratería¸un estudante de 22 anos, Jordan Rabet, descubriu un fallo de seguridade non xogo Cubic Ninja que deu en chamar NINJHAX e que permitiría saltarse a protección da consola para poder cargar software doméstico sen precisar de coñecementos de programación, o que podería aproveitarse para cargar xogos non autorizados.
Por sorte para Nintendo o xogo en cuestión só se vendía en formato descargable no Xapón, e a súa versión física tivo unha tiraxe de só 20.000 unidades, o que provocou que a súa demanda fose moi elevada, de xeito que actualmente está a incrementarse o seu prezo desproporcionadamente, pois aínda que chegou a poder mercase por menos de 12 euros en Amazon.es, actualmente cotízase (de segunda man) a preto de 100 euros, lembrando o que pasou no seu día co xogo Lumines para PSP (que facilitaba a reprodución de código sen asinar e a personalización da consola para permitir a execución de homebrew e xogos piratas).

Destapan un fallo de seguridade da Nintendo 3DS que permite a execución de software caseiro
Compartir Este Artigo
