Atendendo á demanda dos ordenadores convertibles Vexia explora novas posibilidades co seu Portablet Core m, un curioso equipo que vén a ser unha tableta con pantalla de 11,6 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles con Windows 8.1, de xeito que en mobilidade podemos levalo cunha funda/teclado para que poida facer ás veces de portátil, pero no escritorio ten unha Dock Station con 4 portos USB, 1 porto Ethernet, saída HDMI e incluso espazo para incorporar un disco duro de 2,5” no seu interior, de xeito que converte o trebello practicamente non ordenador de sobremesa, xa que podemos engadirlle teclado, rato e unha pantalla externa ou un televisor cando esteamos comodamente na oficina ou no fogar.

Este interesante produto sairá á venda o 20 de decembro a un prezo de 649 euros, mentres que para usuarios menos esixentes, que só busquen unha tableta con teclado, o mesmo fabricante ten o seu Portablet 10 a un prezo de 249 euros, que é bastante máis limitado pero inclúe a funda/teclado que permítelle comportarse como un portátil completo a un prezo moi axustado.
Vídeo promocional do Vexia Portablet Core m

