
Por unha banda nótase que Sony tivo que abandonar a deriva dos últimos meses, nos que PS Plus pasou de ofrecer títulos AAA para limitarse a xogos descargables de pouco empaque, pois nestas datas a PlayStation 4 está a celebrar o seu primeiro aniversario, de xeito que aproxímase a data de renovación de numerosas subscricións a PS Plus, e a compañía nipoa ten que potenciar o servizo para evitar unha importante caída de subscricións.

Os usuarios de PS3 terán pola súa banda Deadly Premonition: The Director’s Cut e Hitman Trilogy HD; e na PS Vita terán Final Horizon e Titans Attacks. Completase así unha interesante oferta de títulos que poden descargarse sen custo adicional para rematar ben o ano.
Sony reforza os seus xogos de PS Plus en decembro e xaneiro, para potenciar as renovacións do servizo
Pola parte de Microsoft, os xogos que recibirán os usuarios de Xbox LIVE Gold en decembro parecen máis modestos, comezando con Worms Battlegrounds para Xbox One (valorado en 24,99 euros) e os xogos de Xbox 360 EA Sports SSX (valorado en 29,99 euros) e o título descargable The Raven – Legacy of a Master Thief.
O que si está a celebrar con maior intensidade Microsoft é o Black Friday, con interesantes descontos ata o 1 de decembro, que poden consultarse na web, e que chegan ao 85%.
Temos así que os usuarios de Xbox One poden conseguir a metade de prezo xogos como Rayman Legends, The Amazing Spider-Man 2 co 60% de desconto, Angry Birds Star Wars co 75% de desconto ou Diablo III Ultimate Evil Edition co 40% de desconto; mentres que para Xbox 360 podemos ver co 75% de desconto xogos como Prototype 2, Red Dead Redemption, Gears of War 3, Max Payne 3 e Injustice: Gods Among Us e co 85% de desconto título como Bulletstorm, Kingdoms of Amalur: Reckoning, Need for Speed: Hot Pursuit e Fight Night Champion, entre moitas outras ofertas entre as que tamén hai promocións exclusivas para usuarios Gold, que poden facerse con Titanfall para Xbox One cun 75% de desconto ou Las Sombras de Mordor a metade de prezo. Sen dúbida unha boa oportunidade para engordar a biblioteca persoal de xogos para as consolas de Microsoft.
Sony tamén está a realizar grandes ofertas ata o un de decembro, como o xogo Alien: Isolation por 36,99 euros, Diablo III por 39,99 euros, FIFA 15 Deluxe Edition por 44,99 euros, La Tierra Media: Sombras de Mordor Legion Edition por 34,99 euros, MotoGP14 por 24,99 euros, Rayman Legends por 19,99 euros entre outros para PlayStation 4; xogo para PS Vita como Blazblue Continuum Shift Extend por 6,99 euros, Gravity Rush por só 3,99 euros ou Soul Sacrifice Delta por 14,99 euros; mentres que para PS3 figuran entre as ofertas títulos como Beyond: Dos Almas por 19,99 euros, Mass Effect Trilogy por 14,99 euros, Plants vs. Zombies Garden Warfare por 14,99 euros ou The Evil Within por 34,99 euros.
Microsoft e Sony súmanse ao Black Friday con grandes ofertas de xogos
Compartir Este Artigo
