Square Enix está a facilitar que poidamos gozar dos vellos xogos da franquía protagonizada por Lara Croft en dispositivos móbiles, e así como hai meses estreou o primeiro Tomb Raider na súa versión para iOS (á venda por 0,99 euros) agora pon á venda Tomb Raider II na App Store a un prezo de 1,79 euros.
Nesta aventura acompañaremos a Lara Croft na súa busca da Daga de Xian, tendo que enfrontarse n ocamiño con monxes guerreiros e membros transformados do culto que conspiran contra a arqueóloga máis ousada do mundo do píxel durante a súa viaxe que vai dende os cumios máis remotos do Tibet ás canles de Venecia, pasando polo fondo do mar.
O xogo tamén inclúe a expansión La Máscara de Oro, conta con numerosas armas (pistolas, lanza-granadas, rifles…) e vehículos (motos de auga ou de neve), polo que moitos gustarán de recuperar este título que como principal eiva ten o seu sistema de controis virtuais na pantalla táctil, que en moitas ocasións poden non resultar moi axitados para un título deste tipo que esixe certa precisión nos movementos.
Tomb Raider II estrea versión para iOS
Compartir Este Artigo
