Tras a filtración dun vídeo de presentación, finalmente Capcom confirmou que está a preparar o xogo de loita Street Fighter V, que será exclusivo para PlayStation 4 e PC, e grazas á colaboración con Sony este título sorprenderá coa posibilidade de permitir partidas entre plataformas, de xeito que os usuarios de ordenadores poderán enfrontarse aos de consola por primeira vez nesta franquía.
Para que os xogadores de PC e PS4 poidan ir facéndose unha idea do que achegará Street Fighter V veñen de publicar un trailer con imaxes do xogo en acción (matizando que o xogos aínda está en desenvolvemento), e incluso atrevéronse a adiantar como será o logotipo e a caixa do xogo na súa versión para PlayStation 4, dando a entender que non estaremos ante un xogo que se fará agardar moito.
Non se detallou a data de lanzamento de Street Fighter IV, pero mentres non chegue parece que os xogadores de PS4 poderán calmar as ansias coa conversión de Ultra Street Fighter IV para esta plataforma, aínda que tampouco se adiantou a data na que estará dispoñible.
Novo trailer de Street Fighter V
Xogadores de PC e PS4 poderán enfrontarse en Street Fighter V
Compartir Este Artigo
