Cando aínda non chegaron nin Papá Noel nin os Reis Magos, dende Sony teñen xa ofertas na PlayStation Store, para que a xente que teña uns días libres durante as festas poida aproveitar para mercar algún xogo a un prezo reducido para gozar do lecer electrónico antes de volver á rutina diaria. Iso si, non serán as únicas ofertas dixitais de Sony, xa que o 7 de xaneiro tamén iniciarán unha nova campaña de rebaixas.
Entre as promocións para os usuarios de PlayStation 4 temos que o xogo Call of Duty: Advanced Warfare a 49,99 euros ata o 31 de decembro; ata o 7 de xaneiro manterán Dragon Age: Inquisition a 44,99 euros, FIFA 15 Deluxe Edition a 44,9 euros, The Legend of Korra a 9,99 euros, Sleeping Dogs: Definitive Edition a 24,99 euros, Watch_Dogs a 34,99 euros, entre outros; e ata o 21 de xaneiro teremos xogos como Awesomenauts Assemble! A 4,99 euros, PES 2015 a 29,99 euros ou Tomb Raider: Definitive Edition a 19,99 euros.
Os usuarios de PlayStation 3 tamén poderán facerse ata o 7 de xaneiro con xogos como Alien Isolation por 29,99 euros, Castle of Illusion por 3,99 euros, Dark Souls II por 14,99 euros ou Ultra Street Fighter IV por 17,99 euros; mentres que ata o 21 de xaneiro teñen F1 2014 a 19,99 euros ou Tokyo Jungle por 4,99 euros.
Para a PS Vita tamén hai ofertas salientables, como Rayman Legends por 14,99 euros, FIFA 15 por 19,99 euros, Football Manager Classic 2014 por 7,49 euros ou Terraria por 4,99 euros.
Principian as rebaixas na PlayStation Store
Compartir Este Artigo
