O grupo notHALT parece querer rematar 2014 cun bombazo, pois publicou na Rede cunha copia do kit de desenvolvemento de software para a Xbox One, incluíndo tamén a súa documentación, o que podería facilitar a futura creación de aplicacións caseiras para a consola de Microsoft, aínda que compre destacar que este SDK por si mesmo non tería ningunha utilidade, pois é preciso estar rexistrado nalgúns dos programas de desenvolvemento de Microsoft para poder asinar aplicacións que poidan correr en consolas Xbox One sen modificar.
Aínda que non haxa unha consecuencia directa da filtración do SDK de Xbox One, podería facilitar a localización de vulnerabilidades na consola de Microsoft que facilitasen o uso de aplicacións piratas no futuro, como aconteceu con todas as consolas domésticas da anterior xeración, aínda que desta volta cómpre destacar que é moito máis complicado que as plataformas de lecer doméstico poidan seguir a mesma sorte, xa que teñen unha grande dependencia de conexións en liña, polo que as compañías poden actualizar constantemente as súas medidas de seguridade para loitar contra a piratería.
Filtran á Internet o SDK de Xbox One
Compartir Este Artigo
