
Por exemplo, Fernando Prieto, director xeral de Gato Salvaje, salienta que o sector dos videoxogos “é netamente exportador”, sendo preciso facilitar o financiamento e unha estrutura fiscal máis favorable, seguindo os pasos de países anglosaxóns. Tamén critica que “en España cobramos impostos a todos e damos subvensións a algúns; é inxusto porque non tes as mesmas oportunidades”, explicou a Europa Press.
Esta situación está a levar aos produtores galegos de videoxogos a unir forzas nunha asociación que poida servir para darlles unha voz única e facilitar así unha interlocución directa coa Administración, coordinar accións e canalizar liñas de apoio, así como permitirlles ter presenza en feiras que faciliten o posicionamento nos mercados internacionais das súas creacións.

A nivel estatal o Libro Branco do Desenvolvemento Español dos Videoxogos elaborado por DEV indica que Galicia representa o 3,4% das empresas do sector dos videoxogos, sendo a sexta comunidade autónoma española en número de compañías que se dedican a tal actividade, o que dá a entender que é posible consolidar o sector para convertelo nun xerador de emprego e riqueza, que pode ser cada vez máis produtivo se aproveita as sinerxías que poden xurdir da colaboración das pequenas empresas que o compoñen actualmente.
Os produtores galegos de videoxogos reivindican o seu recoñecemento como industria cultural
Compartir Este Artigo
