O mercado español dos videoxogos vén de ser sometido a exame obtendo unha boa nota neste ano 2014 que xa rematou. Así, no estudo elaborado por EAE Business School dise que España non salienta polo seu investimento en videoxogos, supérannos outros países europeos, como Alemaña, Francia e Reino Unido, aínda que o España fica por enriba de Italia. Con todo, isto podería cambiar xa que se prevé que de aquí a 2018 se produza un crecemento do 16,71%, o que suporía uns 890 millóns de euros ao ano en ingresos. De acontecer isto, cada español gastaría 19,12 euros de media en videoxogos, gastando 16,42 euros en 2014.
O estudo tamén fai fincapé nas preferencias dos españois á hora de adquirir videoxogos. O 94,1% dos títulos que se venderon en 2014 son para videoconsolas, un pouco máis que o ano anterior. A porcentaxe restante (5,9) corresponde a xogos para PC, unha cantidade bastante reducida en comparación.
Indo por comunidades: Andalucía, Cataluña e Madrid son as comunidades autónomas nas que máis se inviste en videoxogos. En Andalucía 134 millóns, en Cataluña 134 millóns e en Madrid 132 millóns. Séguenas a Comunidade Valenciana e Euskadi, sumando entre as cinco un 70% do gasto total español, arredor de 530 millóns de euros. Ao contrario, A Rioxa (6%), Navarra (8%) e Cantabria (10%) son as que menos investiron no mercado dos videoxogos durante 2014.
En canto a habitantes, os que máis gastaron en videoxogos en España durante 2014 foron os madrileños, vascos e asturianos, cunha media de 20,49 euros, 19,69 euros e 19,55 euros por persoa respectivamente. Entre os que menos gastaron atopámonos nós os galegos (12,97 euros), os castelán manchegos (12,54 euros) e os castelán leoneses (13,12 euros).
O mercado estatal mellora posicións no ámbito dos videoxogos
Compartir Este Artigo
