O estudio de videoxogos Sony Online Entertainment (SOE) vén de ser adquirido por Columbus Nova, unha firma de xestión de investimentos que manterá os proxectos actuais da compañía que, ao non pertencer xa a Sony, pasará a chamarse Daybreak Game Company.
Esta operación non afectaría aos desenvolvementos actuais do estudio, pero si podería ampliar as miras da compañía, xa que os seus xogos xa non se limitarían ao PC, as consolas PlayStation e os dispositivos móbiles, senón que tamén poderían comercializarse para consolas de Microsoft e, de feito, o propio presidente da compañía asegurou estar ansioso por desenvolver xogos para Xbox One.
Sony Online Entertainment contaba actualmente con xogos como Landmark, H1Z1, DC Universe Online, PlanetSide 2 e distintos títulos da franquía EverQuest, agardándose que nos vindeiros meses tamén queiran crear novas franquías para deixar clara a súa nova etapa.
Sony vende o seu estudio de videoxogos SOE
Compartir Este Artigo
