O editor de videoxogos con sede en Compostela Iberian Games está a estrear en Google Play o seu último título, Aesthar, un runner para móbiles que polo momento chega a dispositivos para Android, e que máis adiante contará tamén con versións para iOS e Windows Phone.
Estamos ante un xogo de balde, financiado mediante publicidade, que preséntanos unha ambientación inspirada na mitoloxía grecolatina na que a protagonista (Kara) avanzará dende o centro dun labirinto ao lombo dun coello (Balkar), tendo que correr esquivando obstáculos e recollendo xemas preciosas repartidas en distintos niveis.
Temos así un produto apto para xogadores ocasionais, vestido cunha estética moi coidada, que manéxase mediante controis táctiles destacando o feito de que segundo a zona da pantalla na que premamos controlaremos ao coello ou á princesa guerreira que leva ao seu lombo, de xeito que en certos momentos manexaremos a dous personaxes á vez, complicando os retos que superaremos saltando e arrolando muros para avanzar en escenarios cada vez máis complexos e desafiantes.
Trailer do xogo
ACTUALIZACIÓN (6-2-2015): Este novo xogo de vén de estrear versión de pagamento para Android a un prezo de 1,79 euros; mentres que para iOS conta xa tamén coa versión de balde e a de pagamento (cun prezo de 1,99 euros).
