Para unha experiencia de uso confortable do ordenador no salón Logitech leva tempo comercializando teclados sen fíos que integran un panel táctil nun lateral, que melloran versión tras versión, e así chega o Logitech Wireless Touch Keyboard K400 Plus, que é capaz de comunicarse cun ordenador ata a 10 metros de distancia, facilitando así que poidamos controlar a distancia e sen cables a reprodución multimedia e outros elementos de lecer que queiramos levar ao televisor do salón.
Este novo teclado tamén incorpora accesos rápidos aos controis de volume e aos menús de navegación, facendo máis rápido o acceso ás nosas series e películas favoritas; aínda que como vantaxes fronte a outros teclados semellantes destaca máis o seu fino deseño (que facilita o seu almacenamento), as súas esquinas redondeadas (que o fan máis cómodo) e a súa elevada autonomía (cos pilas incluídas pode aguantar ata 18 meses).
O teclado mide 354,3 x 139,9 x 23,5 milímetros, pesa 380 gramos, comunícase cun receptor Logitech Unifying (podendo conectarse tamén por USB) e, aparte de ser compatible con Windows a partires da súa versión 7, tamén pode empregarse baixo Chrome OS e Android 5.0 ou posterior. O seu prezo de venda é de 44,99 euros.
Vídeo promocional do Logitech Wireless Touch Keyboard K400 Plus
Logitech facilita o uso do ordenador no salón cun novo teclado sen fíos
Compartir Este Artigo

