Aínda que os flashes dos smartphones son cada vez mellores, na meirande parte dos casos estragas as fotografías que queremos tirar, de aí que non sorprende que o proxecto de Kickstarter para financiar un flash externo para dispositivos móbiles que pode sincronizarse coas aplicacións nativas de cámara conseguise completar o seu financiamento en poucos días, de xeito que será unha realidade no mes de setembro.
O iblazr2 presume de ser o flash LED sen fíos máis versátil para iOS e Android, e ofrécese por 45 dólares (39,56 euros) a través de Kickstarter, o que levou a centos de mecenas a querer facerse con el, a que por un prezo relativamente contido promete unhas funcionalidades sen precedentes, que mellora substancialmente as fotografías con pouca luz, e incluso fai moi doado o seu disparo, xa que, tras ligar o flash co teléfono a través de Bluetooth 4.0, chegaría con dar un dobre toque no flash para disparar unha fotografía dende aplicación nativa do teléfono, sendo tamén posible distanciar o flash do teléfono para empregalo como flash remoto.
Outra das grandes vantaxes que ten este novo flash é que permite axustar a temperatura de cor de 3.200K a 5.600K, para conseguir sacar boas fotografías en distintas situacións, dándolle ás imaxes unha aparencia máis natural.
O iblazr2 é moi compacto (mide 40 x 28 x 10 milímetros), ten unha batería recargable de 130 mAh que permite disparar unhas 300 veces cunha única carga ou ata 3 horas de traballo continuo (pois tamén podería empregarse a xeito de facho para a gravación de vídeo), conta con efecto anti-ollos vermellos, permite axustar o brillo, ten control remoto de obturación, incluso un sensor táctil e incluso permite o uso conxunto de varios iblazr2 para conseguir iluminar de xeito uniforme unha zona ampla.
iblazr2: novo flash externo para dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo

