
Iwata leva en cargos de responsabilidade en Nintendo dende o ano 2000, sendo o encargado de dirixir a transición entre a Game Boy e a Nintendo DS, así como do lanzamento da Wii, polo que a súa figura considérase realmente salientable na historia da compañía, pois foi quen a levou ás súas meirandes cotas de éxito movéndose nunha dirección completamente diferente ao resto do mercado dos videoxogos (centrado en ofrecer cada vez máquinas máis potentes en vez de buscar experiencias de xogo diferentes) o que non sempre funcionou como á compañía lle gustaría (as consolas domésticas GameCube e Wii U foron rotundos fracasos en vendas, aínda que contan con moitos partidarios entre os seareiros das principais franquías de Nintendo, por ter contado con algúns dos xogos máis salientables do seu catálogo).
Con só 55 anos desaparece un dos profesionais máis destacados da industria dos videoxogos, deixando á súa compañía nun momento crucial, no que está a preparar unha revolución coa súa futura Nintendo NX e apostando tamén por xogos para dispositivos móbiles.
Satoru Iwata falece aos 55 anos
Compartir Este Artigo
