Para conmemorar o XXX aniversario do estudio de videoxogo Rare chega hoxe ao Bazar de Xbox LIVE o recompilatorio Rare Replay, que por 29,99 euros ofrece 30 dos seus xogos, dende os seus primeiros títulos en 2D ata os seus éxitos para Xbox 360, rescatando no camiño a auténticos clásicos como o beat’em up Battletoads, varias entregas de Banjo-Kazooie, e incluso Perfect Dark.
Esta colección é exclusiva da Xbox One permite así que os xogadores veteranos poidan rememorar vellos xogos máis que destacables como Killer Instinct, Sabre Wulf (clásico dos tempos do Spectrum), Kameo, Viva Piñata, Slalon ou Perfect Dark Zero. Unha selección imprescindible para os seareiros dun dos estudios máis emblemáticos das últimas décadas, aínda que, loxicamente, carece dalgúns dos seus títulos máis salientables como Donkey Kong Country ou GoldenEye 007, por ser títulos para consolas de Nintendo.
Vídeo promocional de Rare Replay
