O ano pasado puidemos ver como o clásico de 1985 Gauntlet volvía á actualidade como un xogo moderno para PC, fiel ás súas orixes, e o vindeiro 12 de agosto vai dar un paso importante, xa que estreará versión para PlayStation 4 con numerosas melloras e contidos adicionais na que se coñece como Gauntlet: Slayer Edition (que tamén recibirán os usuarios de PC de balde) e que pode reservarse na PlayStation Store por 19,99 euros, o que permite recibir como recompensa o Martelo Tronador de Mordok e o Rostro da Morte.
O xogo convida ao usuario a percorrer numerosos alxubes únicos, derrotando hordas de monstros e atopando ouro durante tal loita contra o mal, e nesta nova edición o xogo tivo un cambio substancial, xa que re-avaliáronse todos os seus inimigos, de xeito que uns mudaron de velocidade, outros de resistencia, e incluso algún estrea habilidades. De feito, incluso hai inimigos que foron eliminados e substituídos por outros. Cambios que incluso animarán a quen xogase á entrega anterior a darlle unha nova oportunidade.
O novo Gauntlet estreará versión para PS4 a semana que vén
Compartir Este Artigo
