Hai tres anos o xogo ZombiU conseguiu converterse nun dos títulos máis destacables do catálogo de Wii U, algo destacable especialmente por ser un xogo dun desenvolvedor distinto de Nintendo e por pertencer a un xénero habitualmente afastado das consolas da compañía nipoa (un FPS de supervivencia). Pero como a Wii U foi unha consola pouco vendida, trunfar na mesma non é dabondo para este grande traballo, e para poder recuperar o investimento e achegar o xogo a un maior público hoxe estréase Zombi, remasterización do título para permitir o seu goce en ordenadores, e consolas Xbox One e PlayStation 4, para as que xa está dispoñible a un prezo moi atractivo: só 19,99 euros.
Nesta nova versión do xogo melloráronse os gráficos, as texturas, a iluminación… adaptouse a xogabilidade lixeiramente (suplindo a carencia do GamePad da Wii U) e incluso ofrecendo un nivel de gore maior (por entender que o público de máquinas de Sony e Microsoft non ten tantos reparos como os de consolas de Nintendo.
Temos así un xogo con poucos cambios, que os seareiros dos xogos de supervivencia non dubidarán en adquirir dado o seu reducido prezo de lanzamento, e que sitúanos nun Londres afectado pro unha praga que converte aos infectados en mortos viventes. O reto non será exterminar a praga, senón sobrevivir nun contorno tan perigoso, no que calquera fallo pode levar á morte (elemento que explota acertadamente o xogo, de xeito que de vernos infectados pasaremos a controlar a outro humano, e poderemos achegarnos ao noso antigo corpo se queremos facernos co seu inventario).
Dende Eurogamer publicaron un vídeo no que comparan ZombiU con Zombi para PS4
Zombi estrea versión para Xbox One e PS4
Compartir Este Artigo
