Esta semana a PlayStation 4 recibe oficialmente a actualización do software de sistema á versión 3.00, de xeito que a PS4 achegará de xeito xeral novas prestacións sociais que agradecerán moitos usuarios á hora de relacionarse cos seus amigos e con xogadores de todo o mundo.
O novo sistema inclúe unha aplicación de Eventos, dispoñible dende a pantalla de inicio, que facilita o acceso a un resumo de actividades que teñen lugar nos títulos aos que máis xoguemos, así como emisións oficiais; os usuarios poderán crear e unirse a Comunidades de acordo a intereses comúns (como xogos e xéneros); PlayStation Plus contará cunha sección específica dende a que xestionar a subscrición aos servizo e ver os xogos do mes e as ofertas especiais (tamén incrementouse a capacidade de almacenamento para PS4 ata 10 GB); permítese compartir clips de vídeo en Twitter (cunha duración máxima de 10 segundos); pódese emitir vídeo en directo a través de YouTube; facilítase a posibilidade de pedir a un amigo compartir unha partida (Share Play) ou ver unha retransmisión (Broadcast); pódense compartir adhesivos dende a aplicación de Mensaxes; pódense organizar aos amigos en Grupos favoritos; e incluso mellórase a calidade das capturas de pantalla permitindo que optemos polo formato PNG en vez de JPEG.
Repaso das novidades da actualización do software de sistema da PS4
