Como anticipo ao lanzamento da cuarta entrega da saga Uncharted dende Naughty Dog decidiron preparar unha remasterización das anteriores entregas para PlayStation 4, e agora que The Nathan Drake Collection está a piques de chegar as tendas, está xa dispoñible unha demo deste novo lanzamento, que permitiranos gozar do capítulo 5 de Uncharted 2: El Reino de los Ladrones, onde Nathan e Chloe deberán sobrevivir a unha guerra urbana mentres intentan conservar unhas reliquias perdidas e buscan a seguinte pista na súa arriscada misión.
Con este anaco de xogo esperan atraer aos usuarios a mercar The Nathan Drake Collection, de xeito que os seareiros desta franquía poderán repasala enteira na súa nova PS4 para poder logo ter moito máis fresca a traxectoria do protagonista antes da chegada de Uncharted 4: El desenlace del ladrón, xogo para o que estará dispoñible a súa beta multi-xogador (entre o 4 e o 13 de decembro) para os usuarios que merquen o recompilatorio coas tres primeiras entregas., e que porase á venda o vindeiro 7 de outubro.
The Nathan Drake Collection estrea demo
Compartir Este Artigo
