Aproveitando a celebración da Comic Con de New York, a xente de TT Games quixo estrear un tráiler do que promete ser un dos seus vindeiros éxito, LEGO Marvel Vengadores, videoxogo que a finais de xaneiro chegará a Xbox 360, Xbox One, PS3, PS4, PS Vita, Wii U, Nintendo 3DS e PC, de xeito que practicamente calquera seareiro dos heroes da Marvel poderá meterse na pel dos personaxes que tanto éxito están a colleitar nos cines de todo o mundo.
Pero o sorprendente deste xogo é que, pese a que inicialmente tiñan pensado que se inspirase na historia de Los Vengadores e Los Vengadores: La Era de Ultrón, finalmente decidiron engadir tamén detalles de Capitán América: El Primer Vengador, Capitán América: El Soldado de Invierno, Iron Man 3 e Thor: El Mundo Oscuro, de xeito que aproveitarían moitas das historias que transcorren paralelamente ás películas principais da formación superheroica. Grazas a tal decisión non só teremos unha historia central nunha versión LEGO de Manhattan, senón que tamén poderase visitar Washington DC, Asgard, Malibú e incluso a granxa de Clint Barton, conseguindo así un universo máis rico que poderemos explorar en poucos meses.
Novo tráiler de LEGO Marvel Vengadores
Os Vingadores da Marvel terán xogo de LEGO en xaneiro
Compartir Este Artigo
