Dentro dunha semana celebrarase o Black Friday ou Venres Negro, e dende Microsoft comezarán a súa celebración o vindeiro martes para os usuarios de consolas Xbox, que poderán acceder a descontos de entre o 40 e o 60% nos xogos en formato descargable, o que é unha boa oportunidade para ampliar a ludoteca antes do Nadal e que, para os usuarios Gold de Xbox LIVE comeza hoxe mesmo (aínda que o propio día 27 incorporaranse algunhas ofertas adicionais con xogos como The Witcher 3, Rare Replay ou Destiny: The Taken King).
Entre os xogos que xa se poden adquirir hoxe con desconto por parte dos usuarios Gold temos títulos cun 40% de desconto como Halo: The Master Chief Collection, Grand Theft Auto V, Battlefield Hardline, LEGO Jurassic World, Mortal Kombat X… a metade de prezo teriamos a edición Xogo do Ano de Sombras de Mordor, Dark Souls II: Scholar of the First Sin, Trials Fusion… e cun 60% podemos atopar xogos como Borderlands: The Handsome Collection ou Evolve.
Vídeo promocional das rebaixas do Black Friday en Xbox
