Microsoft desvelou hoxe os xogos que recibirán os subscritores Gold de Xbox LIVE durante o mes de decembro, o que é unha nova especialmente boa para os xogadores de Xbox One, xa que non só poderán gozar de 2 títulos para a súa consola, senón que tamén poderán instalar 3 xogos de Xbox 360 grazas á incorporación da retrocompatibilidade á Nova Experiencia Xbox One, de xeito que a nova consola de Microsoft despide o ano por todo o alto.
Durante todo o mes de decembro o xogo para Xbox One que estará dispoñible é unha estrea para Xbox One, The Incredible Adventures of Van Helsing, un xogo de rol que combina combate, desenvolvemento de personaxes, unha historia profunda e acción mortal e estaría valorado en 14,99 euros. A partires do día 16 o xogo de Xbox One que estará dispoñible é todo un clásico moderno, Thief, que é o reboot dunha franquía en acción-infiltración moi recoñecida. Este xogo no que encarnaremos ao mestre dos ladróns está valorado en 29,99 euros.
Os xogos de Xbox 360 que recibirán os usuarios Gold serán, durante o primeiro trimestre de decembro, o tower defense que enfronta a cabaleiros e viquingos CastleStorm (valorado en 9,49 euros); mentres que no segundo trimestre, de xeito excepcional, ofrécense dous xogos: o hack-n-slash arcade Sacred 3 (valorado en 19,99 euros) e o xogo bélico Operation Flashpoint: Dragon Rising (valorado en 9,99 euros).
Games with Gold é a porta de entrada de The Incredible Adventures of Van Helsing na Xbox One
