Aínda que as consolas de videoxogos non estiveron ausentes das rebaixas do pasado Black Friday, dende Sony non queren cesar as promocións e encadean xa as ofertas de Nadal, entre as que destaca a campaña 12 Ofertas de Nadal, na que durante 48 horas ofrece un xogo moi descontado, que renóvase ao rematar o prazo indicado, ata completar a ducia de xogos, e que bota a andar con Metal Gear Solid V: The Phantom Pain, que está dispoñible a metade de prezo, o que supón un prezo de 34,99 euros para PlayStation 4 e de 29,99 euros para PlayStation 3.
Esta oferta completase tamén cunha extensa colección de máis dun cento de xogos de PS3, PSP e PS Vita a menos de 15 euros (chegando a descontos do 80% do prezo orixinal), o que é unha boa oportunidade para que os xogadores que aínda non saltasen á PlayStation 4 poidan facerse cun bo catálogo de clásicos para así estirar a vida da súa consola.
The Phantom Pain é a primeira das 12 ofertas de Nadal de PlayStation
Compartir Este Artigo
