Dende King continúan a apostar por Windows 10 como plataforma para os seus xogos, e así estrean por fin Candy Crush Jelly Saga, unha interación da súa franquía máis coñecida, que agora pode gozarse tanto en móbiles con Windows 10 como en ordenadores persoais e tabletas, aínda que coa limitación de que a súa interface só está adaptada para o seu uso en vertical.
Este novo xogo mantén a esencia dos anteriores, contando agora a historia de Jenny, protagonista que terá que superar os desafíos da revoltosa Jelly Queen. Aínda que esteamos ante unha nova aventura, realmente o interesante é que temos moitos novos niveis que superar do Reino de Candy, que unha vez máis poderemos gozar de balde, xa que estamos ante un xogo free-to-play, que agora ten a vantaxe de que non só pode xogarse en dispositivos móbiles, senón que tamén está ao alcance do noso ordenador de escritorio.
Candy Crush Jelly Saga estrea versión para Windows 10
Compartir Este Artigo
