Actualmente as Tartarugas Mutantes están de grande actualidade, con películas nos cines, serie de televisión e colección de banda deseñada, e aínda que nos últimos anos foron varios os xogos baseados na face audiovisual dos personaxes de Kevin Eastman e Peter Laird, desta volta Activision anuncia que anuncia que PlatinumGames está a desenvolver o xogo Teenage Mitant Ninja Turtles: Mutantes en Manhattan, que adopta gráficos cel-shaded e contan cunha historia orixinal de Tom Waltz, ou sexa, que seguen a liña da serie das Tartarugas na colección de cómics publicada actualmente por IDW nos EE.UU.
Este novo xogo terá versións para PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One e PC, e será un título de acción en terceira persoa na que manexar aos alumnos do Mestre Acha protexendo a cidade de New York de extraterrestres, mutantes e o malvado Clan do Pé, a través dunha campaña para un xogador á que poderán sumarse ata tres amigos en modo cooperativo para catro xogadores en liña, que a moitos lembrará ás clásicas máquinas recreativas na que podían xogar 4 xogadores á vez.
Cada unha das Tartarugas Ninja ten un arma diferente, de xeito que tamén contará con distintas técnicas que haberá que ir dominando mentres nos enfrontamos a numerosos inimigos entre os que non faltan o Desfibrador, Bebop e Rocksteady, sendo así un xogo moi fiel á obra na que se basea.
Mutantes en Manhattan sairá á venda o vindeiro verán, e para facernos unha boa idea do que ofrecerá este frenético xogo, poderemos ver o seu tráiler de presentación:
PlatinumGames estreará xogo das Tartarugas Mutantes no verán
Compartir Este Artigo
